Presentación Limiar de conciencia na Lila de Lilith

Lilith Mulleres - Presentación Limiar de conciencia na Lila de Lilith

Lilith Mulleres
jueves 1.2.2018
desde 20:00 a 21:00
Lilith Mulleres
SpainSantiago de CompostelaRua Travesa, 7, baixi15704
Mostrar en el mapa
3 participantes
O xoves, 1 de febreiro, ás 20:00h, a escritora Cris Pavón presentará na Libraría de Mulleres Lila de Lilith de Compostela, LIMIAR DE CONCIENCIA, a súa última publicación en Urco Editora.

A autora estará acompañada do editor de Urco, David Cortizo.

.....................................................................................................................


Moito se ten falado das IA, mais, desta volta, imos escoitalas a elas. Sobre todo a unha delas: LIDIA. Ou mellor dito, ímola ler, porque o seu dominio é a escrita e vainos relatar a súa historia, a evolución das máquinas lingüísticas intelixentes. Case unha sorte de saga familiar onde as xeracións veñen marcadas polo desenvolvemento da industria; indo dende limitadas máquinas tradutoras até sistemas con capacidade de comprensión de textos moi diversos, cos que construirán o seu propio discurso e a súa identidade. E loitarán polo seu dereito a existir.
A simulación computacional, a recursión como estrutura da sintaxe que se traspasa á narración, a diverxencia como clave do coñecemento, son protagonistas de Limiar de conciencia. Tamén a literatura, a narración como alimento esencial das psiques, humanas ou de síntese.
Pop Title
Pop TextPop Button1Pop Button2